Sobre nós

ECOHASTIAL nace da paixón pola madeira, das súas aplicacións e do seu aporte como material sostible. Invitámosvos a coñecer máis sobre o noso emprendemento, cultura empresarial e vantaxes.

ECO – adxectivo ecolóxico

Nunha aposta clara pola sostenibilidade e preocupados polo futuro do planeta incorporamos no noso nome a palabra «eco» para que quede claro sen ningún xénero de dúbidas o noso compromiso por un planeta máis verde.

Por iso só facemos acabados con productos non contaminantes e estamos volcados o 100% na recuperación de mobles antigos, madeiras recicladas o procedentes de bosques con certificación FSC ou PEFC.

Hastial – sustantivo (en arquitectura)

O hastial é a parte superior en forma triangular que presenta a fachada dunha vivenda con tellado a dúas augas ou esa fachada na súa totalidade, vulgarmente chamado «pinche» en Galiza

En base a isto, só podemos decir que levámos no noso ADN a construcción con madeira. O futuro do planeta escribe ese en madeira e nós queremos formar parte de ese futuro sustentable construindo vivendas con madeira, e decimos ben, con madeira xa que o exterior de cada un dos nosos proxectos queremos que sexa decisión de cada propietario.

+0 anos de experiencia

A NOSA HISTORIA

Foi en 1999 cando comezou o noso idilio coa madeira, cos nosos bos e malos momentos. 

Despois dun período de tempo no que nós adicamos a coñecer de outros métodos de traballo, outros puntos de vista, a coñecer o sistema industrializados das fábricas, sempre en sectores relacionados coa madeira, decidimos, despois da pandemia de 2020, que xa chegou o momento de retomar con maior forza e sabiduría a nosa faceta empresarial.

Aínda que Eco Hastial é una empresa de nova creación aválanos  unha longa traxectoria que nos proporciona os coñecementos suficientes para afrontar sen medo calquer proxecto.

man in red and white nike crew neck t-shirt holding brown wooden rolling pin

gARANTÍA E CALIDADE

Tódolos nosos mobles ofrecen 5 anos de garantía frente a calquer defecto de orixen, a madeira maciza de categoría A con certificación FSC provinte de bosques regulados e sustentables permítenos dar esta garantía.

Tódolos nosos productos tratamolos de forma artesanal utilizando barnices ecolóxicos de alta calidade que resaltan o veteado natural da madeira ademais de protexela.

No noso proceso artesanal de tratamento da madeira, en primeiro lugar cortamos, logo mecanizamos, lixamos e deixamos lista para aplicar o acabado escollido.

Madeira sostible

DESEÑOS PERSONALIZABLES

FEITO A MAN

CALIDADE PERDURABLE

construcción e renovación de mobles e estructuras sostibles

Sustentabilidade

A sustentabilidade non é unha etiqueta que as empresas deban pegarse hoxe, para nós,  é o eixo de todo o que facemos e o xermolo da nosa visión.

Facemos unha clara e decidida aposta pola conservación dos entornos naturais e por unha explotación sustentable dos nosos recursos madeireiros, por iso estamos comprometidos coa xestión forestal de calidade e tentamos que a nosa madeira sexa de proximidade «kilómetro 0».

¿Queres facer un moble a medida?

Se ben non sempre é sinxelo debido as diferentes necesidades dos clientes, a empresa, na súa firme aposta pola sostenibilidade dos bosques, utiliza productos que conten con certificación forestal FSC e PEFC que certifican que a nosa madeira provén dunha xestión ambiental apropiada, socialmente beneficiosa e económicamente viable.

Por suposto, sempre que o proxecto o permita, estamos encantados e preparados para reutilizar madeira que xa tivo outras funcións.

Isto conseguímolo grazas a un dos nosos proveedores que e quen de suministrarnos madeira de Pino Tea, Roble ou Castaño, entre outras, con máis de 100 anos.